• Facultade de Económicas

    Universidade de Vigo

  • observatorio.eolico@uvigo.gal

Presentación

O Observatorio Eólico de Galicia (OEGA) é unha ferramenta de investigación, información, asesoramento e consulta para todas as persoas, empresas e colectivos interesados na enerxía eólica de Galicia. O OEGA nace da colaboración entre a Fundación Juana de Vega, a Fundación Isla Couto e a Universidade de Vigo. Esta decisión plasmouse nun Convenio asinado por Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega.

O observatorio, liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, ten por obxecto realizar investigacións sobre o sector eólico en Galicia co gallo transferir coñecemento entre os axentes participantes, ademais de favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e identificar e amosar os impactos positivos que a enerxía eólica xera no mundo rural.

As portas do OEGA están abertas para as túas consultas, preguntas ou dúbidas que poderás realizar a través do formulario de contacto.

Awesome Image

Alianza entre as partes

O Observatorio Eólico de Galicia nace da colaboración entre a Universidade de Vigo, a Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto. Esta é unha iniciativa que pon en valor a colaboración entre o público e o privado, establecendo sinerxías entre as diferentes Entidades para tratar de lograr obxectivos comúns vinculados co mundo rural.

O proceso de creación do OEGA plasmouse nun Convenio asinado por Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega.

O OEGA está liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, pertencente á Universidade de Vigo e que leva máis de 10 anos estudando os procesos vinculados cos parques eólicos no mundo rural galego.

Awesome Image
Awesome Image

ALIANZA ENTRE AS PARTES

O Observatorio Eólico de Galicia nace da colaboración entre a Universidade de Vigo, a Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto. Esta é unha iniciativa que pon en valor a colaboración entre o público e o privado, establecendo sinerxías entre as diferentes Entidades para tratar de lograr obxectivos comúns vinculados co mundo rural.

O proceso de creación do OEGA plasmouse nun Convenio asinado por Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega.

O OEGA está liderado polo Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, pertencente á Universidade de Vigo e que leva máis de 10 anos estudando os procesos vinculados cos parques eólicos no mundo rural galego.

Obxectivos

O OBSERVATORIO EÓLICO DE GALICIA desenvolverá accións encamiñadas a impulsar a transferencia de información cuantitativa e cualitativa entre os axentes participantes, favorecer a transparencia dos procesos de ocupación de terreos destinados a parques eólicos e amosar os impactos positivos que isto xera no mundo rural. Complementariamente, poderá propoñer cambios normativos nos ámbitos da planificación territorial e enerxética.

Ademais de servir como repositorio de información legal, económica e ambiental dos parques eólicos e de realizar estudos e análises socioeconómicas e institucionais da enerxía eólica, o observatorio prestará asesoramento gratuíto aos axentes rurais que se atopen en procesos de negociación con promotores eólicos, como mecanismo para fortalecer a súa posición e favorecer o incremento das rendas derivadas da actividade eólica nos espazos rurais.

Awesome Image

Medios

O OEGA conta coas capacidades, coñecementos e experiencia no sector eólico do Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia, pertencente á Universidade de Vigo e que leva máis de 10 anos estudando os procesos vinculados cos parques eólicos no mundo rural galego e asesorando aos propietarios dos terreos eólicos. Nese senso, a rede de contactos do GIEEAH e da Fundación Juana de Vega e a Fundación Isla Couto son elementos que favorecen a difusión do Observatorio e de todas as actividades vinculadas con el. O OEGA localízase fisicamente na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo no Campus de Lagoas-Marcosende. Así, o OEGA dispón dos recursos físicos que lle nutre a citada Facultade e a propia Universidade

A nosa historia

  • 10 de xaneiro de 2019

    Creación do OEGA a partir da sinatura de Convenio por Joaquín Reigosa, reitor da Universidade de Vigo; Manuel Meixide, presidente da Fundación Isla Couto, e Enrique Sáez, presidente da Fundación Juana de Vega
  • 9 de febreiro de 2019

    Participación do OEGA nunha Reunión informativa organizada por un colectivo de afectados en Coristanco.
  • 6 de abril de 2019

    Participación do OEGA nunha xornada cunha palestra sobre parques eólicos e Comunidades de Montes en Cerdedo.
  • 6 de maio de 2019

    Primeira Xuntanza do Comité Asesor do Observatorio Eólico de Galicia na FCEE de Vigo.
  • 14 Decembro 2019

    Lanzamento do informe “Impacto económico da enerxía eólica no medio rural galego: Contexto, cambios e oportunidades”
  • 29 setembro 2020

    Presentación ós Grupos Parlamentarios a proposta de Contrato Tipo para os parques eólicos en Galicia
  • 2 Outubro 2020

    Lanzamento do Seminario Internacional para un Sistema Enerxético Sustentable e Equitativo
  • 8 Outubro 2020

    OEGA lanza o Contrato Tipo para parques eólicos á sociedade galega
  • 24 Outubro 2020

    OEGA participa no Congreso sobre Áreas Fraxiles, organizado pola Universidade de Trieste, a Universidade de Pádova e a Aree Fragili Associazione en Italia

As nosas Consultas

Consultas de empresas
Consultas de particulares
Consultas de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común
Consultas de institucións
0
Consultas
0
Proxectos
0
Parques
0
Socios

Novas